Demasiadas medallas
X.X. - viernes, 04 de junio de 2004
Vexo a relación de Medallas de Galicia (ouro, plata e bronce) e Medallas Castelao concedidas pola Xunta de Galicia. E parécenme moitas; demasiadas.
Temos aínda moi recente o caso do Ministro Bono, galardoado un venres cunha altísima condecoración militar e que non renunciou a ela ata o seguínte mércores, porque lle deu vergoña diante das numerosas críticas recibidas. A pura renuncia non o redime da vergoña, que queda ahí.
A proliferación de medallas que cada ano se entregan contenta a un amplo número de persoas. E nelas atopo meritorios traballadores recipiendarios como Pepe de Redondela ou Luis Rial, pero tamén relación ampla de xente á que contentar polo que teñen ou inflúen.
Eu creo que a maior número de condecoracións concedidas, menos valor teñen cada unha delas pola proliferación.
A fin de contas é como na Opep: Aumenta a producción de cru e baixa o precio do petróleo. Simple aplicación da Lei da Oferta e a Demanda.
X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora