Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Qué é hoxe a esquerda reformista?

lunes, 17 de enero de 2011
Desde o Preguntoiro: ¿Qué é hoxe a esquerda reformista?

O que hoxe chámanlle a esquerda reformista (socialdemocracia) rematou sendo parte do sistema reconvertido en dereita pura e dura, converteuse en neoliberal. Xa non hai nin esquerda reformista nin nada que se lle asemelle. Ten que quedar moi claro que os refugallos daquel navío socialdemócrata está varado e cheo de podremia na praia da incerteza, cousa que xa non hai nada que recoller dese buque para a reconstrución porque o seu proxecto é o neoliberalismo.

A capacidade de actuación desta “socialdemocracia” está nestes intres en interdito. Ante esta crise económica estes gobernos de corte reformista en Europa lanzáronse a salvar bancos co diñeiro de todos, onde tiveron unha oportunidade perdida para trocar e actuar doutra maneira.

Hai que comezar desde as bases a concienciarse e reformularse o que é ser de esquerdas: loitar polos desfavorecidos, combater os abusos da dereita e o gran capital, poder gozar do planeta terra sen destruílo e non facer da sanidade un negocio. Entender que non é só saír da crise económica, senón saír dun sistema que atópase en crise permanente.

O futuro da esquerda, pasa por enfrontarse aos poderes financeiros que queren pasar por riba da soberanía popular dos pobos. Pasa por unir e sumar a un proxecto da verdadeira esquerda que aínda existe neste país. Non quedar só nun discurso oco e baldeiro de contido, xa que da maneira que imos tanto en España como en Europa, estase a crear unha grande decepción na clase traballadora, onde está a provocar desorientación e fastío da política. Despois chegará o inevitable : o fascismo, un “The Party” que hoxe moitos alentan desde tribunas dos medios de comunicación.

En definitiva; hai alternativas nestes intres de esquerda neste país. Non entanto, segue habendo “socialdemócratas” que crense de esquerdas.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES