Pérez Touriño
X.X. - jueves, 03 de junio de 2004
O País, está por riba da obediencia debida. Alomenos eso debeu pensar Pérez Touriño para saír coa enerxía demostrada en defensa do Plan Galicia e, en xeral, das promesas dos socialistas na pasada campaña electoral.
Certamente, a Ministra das obras públicas púxolle as cousas difíciles ó primeiro representante do Psoe en Galicia, quen tivo que dicir que en ningún caso vai permitir que se deixe de cumprir o prometido, especialmente no eido das infraestructuras, recalcando que (os socialistas galegos) non lle van permitir ó Goberno un retroceso nin revisión das posicións comprometidas electoralmente con respecto a Galicia.
Pois ¿que queren que lles diga?... Eu estou máis tranquilo. Porque aínda que palabras de político corren un risco grande de ser levadas polo vento, esta seguridade e enerxía diante da cúpula do seu partido é de agradecer, e moito.
Que os de provincias se reboten de cando en cando contra os de Madrid non é malo, senón todo o contrario. E a min, anárquico e cun aquel de rebeldía por natureza, séntame ben este plantarse firme e dicir as cousas como se ven, sen cristal político polo medio.
¡Ben, Sr. Touriño, moi ben!.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora