Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Expostos ó sol

miércoles, 12 de enero de 2011
Sabidas son as consecuencias de expoñerse ó sol en demasía, xa que se ben os seus efectos son benéficos nas doses axeitadas o abuso na recepción dos seus raios pode producir como mínimo unha insolación.
Eso, sen ter en conta as posibilidades da súa explotación no caso de que alguén ostente a propiedade dun ben tan esencial para a vida na terra, de sempre considerado de propiedade pública, derivada directamente do designio creador ou da evolución natural.
Unha viguesa acudíu a un fedatario público para levantar acta notarial de propiedade sobre o Astro Rey, que ata ese momento permanecía sen rexistrar, en tanto que outros astros, planetas e mesmo a lúa constan xa nalgúns rexistros como propiedade dalgún arriscado promotor.
Non pasaron moitas semanas, e un oleirense acudíu a un cuartel da Garda Civil para denunciar á mencionada cidadá viguesa por tentar apropiarse do Sol, sendo el o administrador do universo coñecido e actuando no nome dos desherdados da terra, dos seus animais e das súas prantas.
O asunto está xa no Xulgado de Instrucción número tres da cidade da Coruña, que ten a difícil tarefa de decidir sobre tan altos asuntos, e tan singulares propiedades. Outro aspecto, a presunta propiedade, co que hai que ter coidado cando se trata do sol, e unha razón máis para coidar moi moito a nosa exposición ó Astro Rei.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES