Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Tertulia (I)

miércoles, 12 de enero de 2011
Cada día, con horario de xubilado (ou sexa, nunca antes das dez horas), encetamos a xornada en tertulia na que, arredor da taza do café, unha serie de persoas, entre outras cuestións, debaten temas de actualidade sobre os que é posible razoar (¡é un decir!). Trátase dun grupo heteroxéneo, non machista nen racista mais alá do “normal”, formado por xubilados/as, ou non, (dalgúns dise que nunca traballaron), pero que a maioría exercen ou fixérono en variadas ocupacións: funcionarios, empleados, comerciantes, artistas plásticos, etc. Algúns, amantes dos animais e da natureza; da arte, outros das viaxes; apenas hai melómanos, pero sí poetas e no deporte, que non practican, decláranse futboleiros, repartindo as súas paixóns entre o Madrid e o Barcelona, como se fosen os únicos equipos deste país. Mesturanza tal fai que en ocasións se produzan episodios singulares, e mesmo insólitos, que dan lugar a supostos pouco cribles e que, ás veces, causan estupor. Motivo de debate nos últimos días foi a xaula que, con algúns exemprares da fauna exótica, o concello de Foz instalou a carón da Casa do Mar, así como a polémica que se tran os gobernantes e unha parte, cando menos, da oposición. Para o rexidor é unha “aula de natureza”; a oposición trata de minimizala e chámalle “paxareira”. Os tertulianos trataron o tema comezando por definir unha e maila outra, concluindo que a “aula” é un equipamento, en ubicación axeitada, dotado de recursos materiais, didácticos e humanos, precisos para desenvolver programas de Educación Ambiental. Pola súa banda “paxareira” é o espazo que se habilita como habitat para estancia e reproducción en cautiverio de distintas especies que permitan facer un seguimento e que, ubicadas en gaiolas xigantes, ó aire libre, poden ser un agradable elemento decorativo, vivaz e colorista, no entorno urbán. Os tertulianos non dictaminaron sobre quen leva razón na controversia; só suxiren a visita ó lugar e á vista do que hai cada quen saque as súas conclusións, lembrando que non chamar ás cousas polo seu nome xenera desinformación ou, o que é peor, información engañosa, por falsa.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES