Bo tempo en toda España
X.X. - miércoles, 02 de junio de 2004
Parece que non soplan bos ventos para Galicia con este goberno de progreso do Psoe. Eso, a pesar de que a nosa comunidade é un dos obxectivos máis importantes que o partido no goberno ten apuntados.
Do Plan Galicia, nin se sabe. E se se sabe é para mal, porque o que hoxe parece ter viabilidade, mañán do dito non hai nada. A alta velocidade, parece como se non fose connosco. O agravio do Prestige, que o Psoe estimaba na oposición necesitado dunha compensación axeitada, non parece agora tan grave nin urxente.
Galicia segue quedando lonxe. No tempo e no espacio.
Ó respecto está moi clara a situación ata nos telediarios das televisións xeneralistas que emiten desde Madrid cando nos falan dos prognósticos para as próximas horas: Bo tempo en toda España, titulan. Para despois engadir: En Galicia pode haber nubes e claros, e pequenas chuvieiras na zona costeira.
Eles teñen moi claro que Galicia é cousa aparte. Como se foran avanzados nun proceso de separación que comezou hai moito tempo.
En tempos, dicíase que reinaba en España un fresco general procedente del noroeste. Agora, o que parece é que España nos queda cada vez máis lonxe. E nós, para España (para o conxunto), non somos ninguén.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora