Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O precio dun café

martes, 11 de enero de 2011
Cando evaluamos a capacidade económica dunha familia sempre botamos man da cifra dos ingresos de todos os seus membros para coñecer en que punto da escala económica pode ser colocada e así determinar o seu nivel de vida e de consumo.
E moitas veces esquecemos as contrapartidas, valorando unicamente os ingresos sen ter en conta os gastos, o seu nivel e os incrementos desaforados que moitas veces se nos presentan en momentos determinados como no recente remate dun ano e comezo de outro.
Afectándonos a todos en maior ou menor medida, pensemos que sube o precio das bombonas de butano, algúns transportes, diversas tarifas relacionadas coa comunicación e, preto dun dez por cento, a enerxía eléctrica.
Que a enerxía eléctrica que aboamos custaba máis producila do que as grandes empresas perciben por ela lévasenos dicindo moito tempo, polo que sicoloxicamente xa estabamos preparados para afrontar unha subida. Pero a preparación sicolóxica non ten nada que ver con poder afrontar coas nosas depauperadas economías unha subida tan brutal.
O Ministro de Industria, pretendendo quitar ferro a esta subida declarou que o aumento, que se fai “por necesidade e responsabilidade”, non era maior que o precio dun café ó mes. O cal non nos tranquiliza, porque aínda lembramos que non hai moito tempo o Presidente do Goberno non sabía o que costaba un café.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania