Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Autoridade

lunes, 10 de enero de 2011
Ser mestre sempre foi difícil. E difícil segue a ser.
A dificultade en tempos estaba na escasa dotación económica dunha profesión esencial para a formación da sociedade, obrigando a malvivir a uns profesionais que chegaban a traballar nos núcleos urbanos despois dun longo peregrinar por zonas rurais lonxanas e arredadas que poñían a proba a cotío unha vocación que só permitía a supervivencia.
A dotación económica dos profesores foi mellorando e na actualidade sons un profesionais, funcionarios de tipo medio, con soldos dignos dentro do panorama existente, e cun status social recoñecido e prestixiado.
Pero mentras en tempo os profesores non tiñan o máis mínimo problema nas aulas, sometidos os alumnos á súa indiscutible autoridade, na actualidade os profesores teñen diante de si un difícil panorama pola indisciplina do alumnado, que se fai patente de forma especial nos núcleos urbanos.
Nas zonas rurais aínda a figura do mestre, do profesor, é mirada con respecto por pais e alumnos e as súas decisións non se poñen en cuestión, sabendo que en xeral todo está orientado á preparación dos rapaces para o futuro.
Pero en zonas urbanas os rapaces teñen outro talante, son máis conscientes duns supostos dereitos, e o papel do profesor é cuestionado a diario, coa conseguinte merma na calidade educativa.
Agora preténdese por parte das autoridades educativas dar un toque de atención, un golpe na mesa, convertindo ó profesor nunha autoridade, reforzando o seu papel, e sometendo ó alumnado ós seus dictames, tentando volver a aquel vello espírito reinante na educación onde o mestre era autoridade indiscutible.
Ben está a norma, pero nada se conseguirá sen os pais. Os pais son os que teñen que ter autoridade na casa, e os rapaces acatar e seguir as normas dictadas por esa autoridade. Así considerarán natural que cando cheguen ó colexio haxa tamén unha autoridade que goberne. Mentras os pais non colaboren, educando, formando, gobernando, nada se poderá conseguir nos colexios que son continuidade das familias ou deben selo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES