Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un ano novo

lunes, 10 de enero de 2011
Cando aínda un non se afai a escribir xaneiro, e moito menos poñer 2011, aquí estamos, metidos de cheo nun ano que a priori xa foi considerado “horríbilis”, vendo o precedente e os malos augurios que o acompañan desde moito antes de nacer.

O de final de ano e comezo de ano novo non é máis ca unha ficción do calendario, un punto de referencia, un lugar común que os técnicos determinan e nós seguimos, sabendo que non hai na natureza ou no noso contorno nada que marque o final ou comezo do ano dentro da común estación na que a vida durme para ir espertando en cando a primavera comece a dar sinais de existencia.

Paso este comezo de ano no rural, lonxe de xornais, con inmersión musical radiofónica ou con utensilios caseiros, facendo unha única excepción co Concerto de aninovo da Filarmónica de Viena, que todos os anos me atrae con forza irresistible. E curado -coido- de fame de tranquilidade, volvo a un Lugo que en tempos que pareceu unha gran cidade, e que segue conservando todos os inconvintes das urbes con algunha ca outra vantaxe da súa pequenez, especialmente a de poder atopar ben doadamente a moita xente que un pretende ver só con camiñar polo seu núcleo central.

Só fixen unha excepción nesta miña reclusión case monacal de fin de ano, e foi cumprir co que case é unha promesa: acudir na tarde do domingo a Boimorto, na provincia da Coruña, polo que pasa mesmo Camiño de Santiago que por Vilalba pasa hacia Compostela, onde desde hai seis anos se celebra o “Encontro de Reices”, unha competición de Cantos de Reis, que o Concello convoca para premiar ás cuadrillas que máis se distingan no cultivo do canto tradicional, tan vivo agora naquela comarca, de cantos do Nadal, de Aninovo, dos Manueles e de Reis.

E se de ordinario os grupos de Boimorto, Mesía, Pontecarreira ou Tordoia levan a palma, tamén os houbo da Coruña e de Vigo, de Antas de Ulla e A Fonsagrada na provincia de Lugo, e o primeiro premio foise para terras portuguesas de preto de Aveiro, de onde acudiu unha ben numerosa expedición para facer unha exbición de cantos de Reis do centro de Portugal.

Como en case todas estas cousas, moitísimos asistentes especialmente xente maior, que lembraban outros tempos xa lonxanos nos que os cantos de Reis polas corredoiras e polos currais, e mesmo dentro das casas, eran especial aliciente dunhas festas sempre tradicionais e caseiras, nas que o frío obrigaba a refuxiarse na parte máis resgardada das casas labregas.

Entre fríos, augas e nostalxias, estamos xa metidos dentro do temido 2011, para comprobar que tampouco cambiaron tantas cousas, e que cada día amence que vaiamos descubrindo as vantaxes e as mancaduras dunha vida na que sempre hai que improvisar, na que nada se nos dá feito nin siquiera previsto.

Así que, sabendo que o ano vai ser tal como cada un de nós vaia querendo ou conseguindo que sexa, afrontemos o ano novo con optimismo sabendo que en boa parte de nós depende que esta sexa un “Feliz aninovo”!.

Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania