Inacetables
Xiz, Xulio - jueves, 13 de enero de 2011
Pouco despois das cinco da tarde dun día de decembro, escoito en Radio Nacional de España o comezo do programa Asuntos Propios, que dirixe Toni Garrido.
Gústame Radio Nacional de España porque aínda que depende directamente do Goberno sabe manter o tipo e dar diversas versións arredor de calquera tema. Pero non agardaba que chegase ó deste programa que comezou ese día coa emisión dunha frase do Ministro Blanco referida ós controladores, no que ía incluída a palabra inacetable, coa peculiaridade de ter eliminado dela a incómoda p que a algúns parece estorbar.
A conclusión que sacou o conductor do programa da elipsis de Blanco foi a de que para ser político non fai falla saber escribir, pero agora tamén sabemos que non fai falla saber ler.
¿Será esto síntoma de que se abre a veda de Blanco?. Ou puro exemplo de liberdade en Radio Nacional de España?.
Quede para o anecdotario de Blanco este exemplo de cómo un ministro de Obras Públicas pode ser xulgado non polas súas obras senón polas súas palabras ou carencias nelas. E todo, por unha simple p. Pero vista a carencia, a crítica resultou acetable.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora