Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O pequeno comercio

jueves, 06 de enero de 2011
Segundo o Presidente da Federación Galega de Comercio, nestes dous últimos anos desapareceron o dez por cento dos pequenos comercios galegos, pasando de 50.000 a 45.000, coa conseguinte desaparición de 12.000 postos de traballo.

A crise que nos envolve leva as maiores culpas nesta desaparición de pequenos establecementos, que vemos a cotío nos nosos pobos e cidades en forma de locales pechados, pero non é esta a única causa. Hai que buscar boa parte da orixe da desaparición deste pequeno comercio nas grandes superficies que foron nacendo nas nosas capitais e localidades máis importantes.

A extraordinaria oferta de todo tipo de produtos, o menor número de empregados por ser autoservicios, e a posibilidade de mellores precios, fan tremendamente atractiva a oferta que estas grandes superficies presentan ó público galego, co natural detrimento do pequeño comercio que non pode competir en ningún destes campos.

Claro que o pequeño comercio ten a inmediatez, o trato, a atención ó cliente, o coñecemento do medio e do contorno. Pero estas cualidades non son axeitadamente valoradas na actualidade en comparación co que os novos macrocomercios parecen ofrecer.

Tamén a crise ten moito que ver, naturalmente. Posiblemente sexa o factor desencadeante, ou o decisivo para a desaparición do pequeño comercio. Pero o tempo pasa, e ninguén afronta a situación coa debida seriedade e cun plan de potenciación e dignificación do comercio tradicional, para evitar que o sistema se derrumbe. Como parece que se está derrumbando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES