Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Custos

miércoles, 05 de enero de 2011
Cando todo se pode contabilizar, é posible saber canto nos custan
determinados servizos e institucións, para procurar que a relación entre servizos e precio sexa coherente, e o custo sostible pola sociedade.

Atribúese ó Estados das Autonomías un custo superior a unha administración centralizada, entre outras razóns porque o noso Estado incorporou unha nova administración que se intercalou entre a Administración Central e a Provincial e Municipal, sin que estas se reducisen.

Chegados a este tempo, a autonomía catalana custa 7.066 millóns de euros ó ano, 3.787 a de Madrid, 3.353 Andalucia, 3.024 o País Vasco, 2.335 a de Valencia, e 1.348 millóns a nosa, Galicia.

Cando a autonomía galega se puxo en marcha confiouse en que a Administración Provincial fose integrada na Autonómica, artellándose unha estructura comarcal que subsituíse ó Concello de Concellos a escala provincial.

O resultado actual é que Galicia, para 2.796.089 habitantes, ten un total de 91.190 funcionarios, co que temos un funcionario autonómico por cada trinta habitantes.

As Administracións non deixan de medrar, potenciando competencias, aumentando funcionariado. Que se é un xeito de rebaixar a cifra de parados, tamén é un incremento abusivo dun sector público que para funcionar precisa un potente sector privado, que pola crise é cada vez menos forte e pode atender en menor medida cada vez as demandas das diversas administracións.

Non está a solución en rebaixar o soldo dos funcionarios. Está en evitar o incremento imparable dun sector que hai que racionalizar, simplificar e aglutinar no posible. É unha revolución pendente. Na que moi poucos teñen interese en participar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES