Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confesión

martes, 04 de enero de 2011
Cada quen pode ter a nivel persoal as crenzas oportunas, pero a laicidade tense imposto na nosa sociedade ata extremos que renxen nos nosos esquemas mentais, pero tendemos a separar decididamente os dous mundos: o divino e o humano, alomenos desde o punto de vista das institucións e da Administración.
As razóns para esta separación son da máis diversa índole, destacando a pluralidade existente na nosa sociedade, na que poden e deben convivir todas as crenzas.
Que a Selección española en pleno acudira a Compostela a agradecer ó Apóstolo a axuda para ser campiona do mundo do ano que ven de rematar, posiblemente non chamou demasiado a atención, a pesar de ser ben dubidosa a participación do Señor Santiago na proeza física que supón acadar un campionato mundial.
As autoridades deportivas que acudiron á fronte da expedición fixeron patente ó Apóstolo o seu respecto e o seu agarimo, e brindaron ó Santo o áureo trofeo mundial. Ver ó Arcebispo de Santiago revestido de pontifical, co báculo e a mitra, blanir sorrinte o trofeo na súa man, parece un contrasentido no tempo. Como se o trofeo se tivese conseguido hai medio século. Ou se alguén non tivese cavilado abondo no impacto dun acto que en tempos sería do máis normal.
Parece a guinda para un Xacobeo que colocou a Galicia no punto de mira de todo o mundo occidental. Pero agora que tanto se fala de non molestar ós doutras crenzas, ás xentes de diferente condición, habería que pararse a pensar que coidarán no resto do mundo –tamén, naturalmente, en Galicia- en relación coa intervención do Apóstolo Santiago en que a Selección Española gañase o Mundial.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania