Soneto ó nacemento
F. Guitián, Luis - miércoles, 05 de enero de 2011
Tamén nós debemos ir ata Belén,
ofrecer ó neno o mellor que temos;
podemos ir xuntos maiores e nenos,
cantando cantigas pra pasalo ben.
María e Xosé agárdannos ledos,
co pequerrechiño que é o noso ben.
Tres Magos de Oriente, van aló tamén;
ouro, incenso e mirra, carexan sen medos.
Este nacemento é moi ventureiro:
chega o aninovo e florece o amor;
nótase na noite un vento mareiro.
É Festa moi grande, nace o Salvador;
hai que celebralo polo mundo enteiro,
o recén nacido é Noso Señor.
F. Guitián, Luis
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora