Xeitos de Peregrino
X.X. - lunes, 31 de mayo de 2004
Estamos en Ano Santo Compostelano, hogano simplificado ou comercializado como Xacobeo, e a Galicia como sempre; como nunca- chegan milleiros de peregrinos na percura da maxia dun fisterra, do espíritu do Camiño, movidos por quen sabe que fe. Pola Fe.
Din os entendidos que son homes a maioría. Seis a catro sería a proporción home-muller. E priman os maiores de 45 anos sobre os menores desta idade.
E de cando en cando, un famoso. Neste caso, famosa por parte de pai: Jenna W. Bush, que está a facer un anaco do Camiño, a partir de Samos, cunha discreta pero estreitísima rede de vixiancia.
O Camiño faise en solitario e en silencio. Cando se fai con luz e taquígrafos xa non é Camiño, senón outra cousa.
Certamente houbo en todo tempo peregrinos famosos, e polo vello Camiño Francés pasaron papas e reis que seguro traían consigo tamén unha discreta pero estreitísima rede de vixiancia.
Os xeitos do peregrino implican austeridade, sacrificio, dilixencia, sufrimento. Pero hai excepcións que confirman a regla e, a fin de contas, veñen dar aínda máis sona a esta ruta máis que milenaria.
Saquemos do supérfluo a bondade o beneficio- que se poida. E todos contentos.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora