Viaxeira
Lillo, Codés - lunes, 03 de enero de 2011
Son faba de Lourenzá,
coma as grandes artistas,
viaxo polo mundo,
co meu fino traxe Branco
e de fondo música de pandeiretas.
Son alma de grandes receitas,
chego ao fogar e fago un gran xantar
brandiña para o teu paladar
son nas festas un grande manxar.
Quen mo dixera!
esta pobriña saída da terra,
que cos mellores cociñeiros se ía codear,
que tódolos meses de outubro
unha homenaxe me ían dar.
Eu poño da miña parte
a Lourenzá non quero defraudar
teño que estar a altura
para que a miña fama non deixe de medrar.
Lillo, Codés
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora