Feromonas en Ponte Felín
Luaces, Xaime - lunes, 03 de enero de 2011
Un dia, alá contra a fin du outono e ó comenzo do inverno (evidentemente) fumos meu amigo Marcial e mais eu de merenda, a xeito duns prebostados calesqueira, á Feira do Monte, terras do Concello de Cospeito, na provincia de Lugo, despois do ágape, e coa intención de axudar ao fermentos da cachola, chourizos, lacón, unhas que outras febras, roxós, filloas e máis ecécteras, fómosnos pasear camiño de Seixas; ao chegar á Ponte Felin, o abafo xerado polo xeneroso traballo a que estaban sometidos os ventrullos (os nósos) invitounos ao repouso, tal que fixemos en nós arrimando no balado na cantarina «Ponte Felin» polo medio da cal, a pouco, pasaron dúas vaporosas figuras, de carnes harmoniosamente ensambladas sobor danzarinas estructuras óseas; carnes que, por anacos, á falla de envoltura deixaban ver a súa doce e sonrosada cobertura
espectacular mostra do que son as fimininas mulleres da Chaira; istas fermosuras espallaban feromonas co donaire que caracteriza ás bailarinas de muiñeira
Ai! Cando os efluvios chagaron a nós
esgallouse o repouso! As prumas de cada quen (ou cada cuco) batendo lixeiras, transformounos en cucos (ista vez si) de niños alleos, perdidos orientación e sentido, nun aire de amencer en tempo crepuscular.
Quen dixo que tiran máis dúas tetas ca unha parella de bois?: as feromonas, homes, as feromonas!
Barón Erbón Xan da Tolda

Luaces, Xaime
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora