Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mortes na estrada

viernes, 31 de diciembre de 2010
Na tarde do pasado domingo, estando a velas vir coa televisión sen son, vexo un titular que fala dunha traxedia en Lugo, pero non chego a tempo de escoitar de que se trata.

Pouco despois, cando resumen a situación das estradas desde a Xefatura Central de Tráfico, aclaran que non é Lugo, que é Vilalba o lugar afectado, e o resultado da traxedia son dous rapaces mortos nun aparatoso accidente dos que tanto abundan nas nosas estradas.

Logo coñecería máis detalles, pero a reacción primeira foi cavilar
sobre o Nadal que vivirían as familias afectadas por esta traxedia. E a dor de corazón, e o frío que sentirían no seu interior todos os pais de familia que teñen fillos en idade de saír de noite por esas estradas de Deus.

Coincide esta traxedia coa posibilidade de que desapareza ese
Transporte chamado “Noitebús”, que transporta ós rapaces de todo Galicia, especialmente das zonas rurais, hacia os lugares de concentración xuvenil, tendo na nosa comarca como máxima referencia a sala de festas dos Irmáns Morán, en Muimenta.

Resulta que ata agora estas viaxes do Noitebús estaban financiadas pola Xunta de Galicia, tendo que aboar os rapaces usuarios 2,5€ por noite, cantidade que está bastante ben xa que resulta -supoño- a metade de calquera consumición espirituosa nun establecemento público.

Pero estamos en crise, e a Xunta está recortando partidas
Presupostarias non esenciais ou imprescindibles, e non parece que no ano 2011 que vai comezar de inmediato vaia participar na campaña do Noitebús, aforrando arredor de mil millóns das antigas pesetas, que é cantidade moi importante para calquera actividade.

Non é cousa de entrar a debatir aquí e agora se a Xunta debe pagar ou non pagar os custos do Noitebús, se as posibilidades presupostarias do gobernó autonómico van posibilitar que aplique tal cantidade de diñeiro neste fin preventivo; no que a fin de contas é prever accidentes de tráfico con gravísimas consecuencias en base a evitar que os rapaces conduzan de noite, despois de andar de troula.

Os concellos non teñen tampouco unha grande posibilididade de facer frente a un investimento así, polo que a solución que queda para este sistema no próximo 2011 é que as empresas que prestan os servizos de transporte repercutan os custos totais ós usuarios, co que de 2,5€ o importe pasaría a 5 ou 6€.

O sistema está posto en marcha, e as súas bondades comprobadas. Unha das partes, retírase da operación, e entre concellos, empresas e usuarios deberán chegar a unha solución de consenso para que o sistema siga, comprobadas como están as súas vantaxes.

Todo, con tal de preservar vidas humanas, de impedir que os nosos rapaces sigan ofrecendo cada fin de semana sacrificios humanos en estradas de segunda orde, con espanto para todos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania