Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pablo Mosquera

jueves, 30 de diciembre de 2010
Pablo Mosquera Pablo Mosquera, gran animador cultural da nosa bisbarra, dende o posto de mando da meritoria A.C. Os Aventados, de San Cibrao, acaba de publicar o seu último libro: Historias de Nunca Jamás. Chega éste ás nosas mans no mellor momento do ano: no tempo entrañable do Nadal, cando o espíritu está mais disposto a mergullarse na lembranza das vellas vivencias, nas que foron historias da nosa nenez; aquelas que saían de boca dos nosos antergos, ó calor do lume, nas noites invernais, ou mesmo nas xuntanzas tabernarias onde tantos relatos escoitamos que enchían a nosa capacidade de xuvenil asombro, cando a caixa boba, a Deus gracias, non era atranco para o libre albedrío imaxinativo e vivencial.Era a historia vivida e contada polos seus protagonistas. Porque deso trata sobre todo este libro, escrito en fermosa prosa poética por quen, pola súa vida e obra, ten acreditado a sensibilidade do humanista: o seu espíritu poético e a dose precisa de bohemia; o amor pola música e a arte en xeral; a súa capacidade para entusiasmarse ante unha posta de sol ou do amencer que anuncia a chegada dun novo día para o disfrute dos seres vivos; é decir, a súa pleitesía a Natura, ó mundo cósmico, e o interese por canto pertence á natureza humana, fan del un médico vocacional e de grande cultura; é por iso que definimos a Pablo Mosquera como un humanista, nesa liña que coroa o excelso mestre Marañón, quen deixou dito: “ o médico que só sabe de medicina, nen medicina sequera sabe. Non se pode imaxinar un médico sen cultura humanista”.Os relatos que Mosquera recrea no seu libro- ilustrado por coñecidos e magníficos artistas plásticos do contorno – sitúanse nesta nosa bisbarra “da vella provincia de Mondoñedo” como él gusta decir, preferencia que compartimos e son os seus personaxes, homes e mulleres nativos, porque todo o que é propio da vella raza galega hai que buscalo entre os labregos e os homes de mar; xa que “no seo desta natureza, fértil e fermosa como ningunha, é onde se atopa o verdedeiro fillo de Galicia: aquel que é mel escondido no carballo”, según belida e expresiva frase do poeta.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES