Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A galiña dos ovos de ouro

miércoles, 29 de diciembre de 2010
Atopo en Lugo a Gerardo Criado, exultante polo resultado da Feira do capón, constatando que para o capón non hai crise, mantéñense os prezos dos últimos anos, e todos contentos co resultado da feira.

Eu esta vez non puiden acudir por problemas familiares, pero as novas chegáronme antes a través dos medios informativos que a través de informadores persoais. E o que os medios difundiron foi a mellor publicidade que unha feira como a nosa pode ter, publicidade gratuita a escala nacional e galega que vai obtendo o noso capón, ós máis altos niveis, formando un mito gastronómico.

Os 63 criadores inscritos deben figurar nalgún rexistro específico, e conseguir que a súa actividade non sexa esporádica senón continuada e ir formando un tecido empresarial no eido do capón, que consolide unha acción que por agora só acontece polo Nadal.

Ben se sabe que o capón vilalbés é o único de Galicia e de España que ten feira propia, pero aínda non da competido nin o pretende cos capóns de Cascajares, polo contorno de Madrid, que teñen orquestada unha gran campaña de publicidade, véndeno no Corte Inglés, lévano á casa para metelo no forno, e todo sae por cen euros.

Eu fun testigo de cómo Domingo Goás, o presidente da Cofradía do Capón de Vilalba, intentaba convencer a Mingote e Alfonso Ussía, nunha comida do capón en Madrid, de que nada tiña que ver un co outro, que o de Vilalba era outra cousa, e que como producción concreta e exclusiva, propia do Nadal, non lle facía falla ningunha publicidade, que todo estaba vendido de antemán. E eso nótase na feira, xa que moitos capóns criados para o Nadal quedan reservados antes da feira, e non van ó mercado, porque xa están vendidos.

Este ano parece diferente, como se houbese unha inflexión por parte do concello e outras entidades, de xeito que cociñeiros especialistas ofreceron degustacións sobre o capón e vaise facer un estudio de comercialización e de presentación do mercado precociñado e por pezas, aínda que se mesturan capóns de oito meses e de cinco meses, de xeito que pode levar a confusión por parte do público, a menos que se distinga moi claramente o que é capón de Vilalba, ó xeito tradicional, e outra cousa á que se se lle chama capón pode ser perxudicial para o mercado.

Fai falla un Plan de producción, promoción e venda do capón de Vilalba, onde se estudie o traballo dos productores, o mercado posible, os precios ós que pode venderse, a garantía oficial do concello, e a promoción –como e ata onde- do capón para potenciar o producto.

Todo, con un exquisito respecto á tradición, coidando de non perxudicar ós actuais ou futuros productores, pero sobre todo coidando de que o capón non baixe de nivel, e colme as apetencias dun mercado que valora este producto, e pode absorber moita máis producción.

Queda moito traballo por facer, con calma e con xeito. Sobre todo con xeito, para evitar que querendo conseguir un ben económico matemos a galiña dos ovos de ouro, que – por difícil que pareza- no caso de Vilalba é capón.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania