Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grandes Cidades

jueves, 27 de mayo de 2004
En tempos, tan só Madrid e Barcelona tiñan reximes de “grandes cidades”, e polo tanto condicións especiais derivadas deste carácter e da súa numerosa poboación.

Neste afortunado tempo da descentralización, “grandes cidades” ían ser en Galicia tan só Vigo e A Coruña, por superar os 250.000 habitantes, pero por aquelo do “café para todos” que fixo tábula rasa das autonomías nos oitenta, en Galicia van ser grandes cidades ademáis das dúas mencionadas, as de Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago (que ten estatuto de capitalidade) e Ferrol.

Esto quere dicir que se contenta a todo o mundo para non dar lugar a posibles agravios, a protestas dos correspondentes concellos por ser preteridos, por non ser destacadas.

Eu non digo que sexa acertado o criterio de asignar estatutos de “gran cidade” á que sexa, con beneficios do tipo que correspondan. Pero a salomónica decisión de “todas, iguais” ven devaluar o concepto e deixar, na práctica, as cousas como están.

Pero xa se sabe que unha das prioridades en política é non buscarse inimigos ou descontentos. Xa aparecen abondos normalmente como para procuralos provocando situacións de presunta desigualdade, ás que os concellos son tremendamente sensibles.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES