Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Educar na casa

miércoles, 29 de diciembre de 2010
Educar na casa A escola da vida: Educar na casa

Non imos falar hoxe da educación familiar nin de programas como Preescolar na Casa senón daqueles pais que queres substituír a educación escolar.
A lexislación española considera absentista a todo aquel que non acode a formarse á escola durante a etapa da educación obligatoria. Sen embargo, algúns pais, parece que uns 2.000 en España, segundo a Asociación Libre de Educación, non envian á escola aos seus fillos por que lle poñen clase na casa. Este feito non supón en si mesmo un delito, por canto que non está tipificado como tal no Código Penal. De tódolos xeitos, a lexislación educativa sinala que só poderan recibir clases fóra das aulas aqueles nenos ou mozos que estean doentes, teñan unha vida itinerante (nenos de empregados dos circos, por exemplo) ou estean residindo no estranxeiro.
Pero, a cuestión é: por que estes pais optan por esta alternativa? Eles din que así fan que os seus fillos se desenvolvan mellor, xa que están constamente atendidos, sen ter que axustarse a horarios, e se poden centrar nos seus intereses e nos coñecementos que lles importan. Pode ser.
De todas formas, hai moitas outras consideracións que tanto os pais como os fillos deberían ter en conta. Por citar algunhas, diremos parece hai u transfondo sobreproteccionista, pois cren que eles poderanos apartar dos riscos que correrían na escola, ademais, de considerarse así mesmos como máis capacitados para ensinar que os propios profesores. Pola súa banda, os nenos están a perder moitas das reflexións que só se poden facer nos espazos escolares e que lles forman como persoas socializadas nunha cultura de referencia e abertos ás posturas dos demais e as posibilidades que os entornos lles transmiten.
Así as cousas, e aínda que en países como Francia, Italia, Irlanda ou EEUU, danlles aos pais a opción de elixir entre os ensinos da escola e aqueles que eles mesmos dispoñan, pedagoxicamente, esta formación parecenos pouco acertada. Máxime cando, hoxe por hoxe, as sociedades occidentais lles ofertan múltiples solucións escolares entre as que elixir as ensinanzas que queren para aos seus fillos. E si como me dicía un pai: “Os pais educamos aos nosos fillos para que saian ao mundo e se adapten a calquera situación”, calquera situación que lles poida restrinxir as súa capacidade de ter experiencias parece ilóxica e, por tanto, mala para eles.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES