Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

2011

viernes, 31 de diciembre de 2010
“Ano novo, con ben veñas” proclaman as cantigas tradicionais do noso país, que se cantaban para recibir un novo ano, sempre enigmático. Porque por moito que poidamos especular sobre o que un novo ano nos vai proporcionar, cada un dos seus días será o encargado de irnos abrindo horizontes que ó final completarán o contido anual dunha parcela do noso tempo.

Poucos anos teñen chegado precedidos de máis funestos presaxios, polo que cabe agardar que non vai ser tan malo como nos tememos. Pero 2011 fóisenos presentando pouco a pouco no horizonte como un tempo temible, pura continuación do que se vai, paso obrigado para ir superando rubicóns ata o destino temporal anunciado hai uns días polo Presidente do Goberno.

E sen embargo, cada vez que un ano remata e outro comeza, temos a obriga de mirar cara atrás para facer “suma e segue” e afrontar o novo tempo con ilusión e traballo, para conseguir demostrar que os augurios non son máis ca eso, e que cada un de nós pode ir contribuíndo de forma decisiva a formar o seu futuro, e que non hai anos bos e malos senóns tempos nos que temos que desenvolver a nosa vida do xeito máis entusiasta posible.

Crendo que cada un de nós é quen de ir labrando día a día o seu futuro, e que 2011 é unha nova oportunidade de demostralo, Galicia Digital desexa a todos os internautas un ¡Feliz aninovo!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES