Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perder o coche

miércoles, 29 de diciembre de 2010
Para deter a sangría dos accidentes de tráfico motivados por imprudencias dos conductores, a Administración non regatea esforzos, estudios, suxerencias e normas legais.

O novo Código Penal que ven de entrar en vigor recolle novidades normativas en relación co campo da conducción, de xeito que se ataque as conductas delictivas e continuadas dos pilotos de automóvil no que máis pode doer ó infractor: o seu vehículo.

Os coches de conductores perigosos serán incautados en casos de reincidencia grave, por conducción baixo a influencia do alcohol ou drogas con tasas moi elevadas, ou a velocidade extraordinariamente excesiva. Haberá menos infractores no cárcere, pero haberá milleiros de coches incautados ós propietarios que demostren non ser aptos para formar parte do mundo da circulación.

É un intento máis de civilizar, racionalizar, un eido tan complexo, tan interrelacionado con todos os sectores da actividade humana e, polo tanto, de imprescindible normalización polo ben de todos.

Agardemos resultados. Pero en principio non parece mala decisión atacar ós infractores polo obxecto dos seus amores, instrumento co que cometen os delitos e o que seguramente máis lles doe.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania