Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Noitebús

martes, 28 de diciembre de 2010
As noites de festa son para a mocidade trampas mortais nas que os sacrificios humáns son traxedia habitual nas nosas estradas. Concentrar nun vehículos varios noctámbulos, e conseguir que o conductor non consuma alcohol é unha solución que non sempre logra a perfección, e o chamado “noitebús” veu poñer unha nota favorable nun clima de preocupación de familias e institucións.

O Noitebús veu funcionando co apoio dos concellos e da Xunta, nun total de cento noventa e cinco rutas por todo Galicia, especialmente nas zonas do rural.

Pero a previsión é que a Xunta de Galicia deixe de financir este xeito de transporte festivo da fin de semana, en base á crise que dificulta o investimento de seis millóns de euros ó ano neste sistema de prevención de accidentes.

Os concellos non parecen estar dispostos a financiar o sistema, entre outras razóns por problemas económicos, quedando nas familias afectadas a decisión definitiva sobre o tema, de xeito que os rapaces aboen unha cantidade algo máis alta que os dous euros e medio que pagan na actualidade.

O sistema ten demostrado as súas bondades, debendo continuar en funcionamento e mesmo potenciarse no posible como un remedio a tanto dor e tanta traxedia como a fin de semana propicia cando se xuntan alcohol e conducción. E se o tema é económico, tendo en conta os custos das bebidas e diversións da fin de semana, tampouco debera ser obstáculo para a súa continuidade negociando o seu funcionamento entre as institucións e os afectados.

Que hai que entender que as institucións se retraigan á hora das aportacións económicas a este sistema, pero unha vez posto en marcha e demostradas as súas virtudes, non se pode deixar desaparecer cando os custos individuais son ínfimos en comparación cos resultados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania