Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis voltas de parafuso

martes, 28 de diciembre de 2010
Desde o preguntoiro: Máis voltas de parafuso

Todo indica que elevarase a idade de xubilación ata os 67 anos. Outra volta de parafuso. Poren, a reforma non vai coas súas “señorías”, esta non se toca , blíndanse. Todos eses recortes non afectaran aos 350 deputados e os 264 senadores, que manteñen o privilexio de cobrar o cento por cento cunha actividade de once anos e de sete para cobrar o oitenta por cento, e estes gobernantes apretanto con máis forza á cidadanía. Falan de ata 25 anos de cotización aos traballadores para poder cobrar a xubilación. Pero nada din do panorama laboral que temos na actualidade, desemprego, contratos en negro, períodos de traballo por horas, substitucións casuais.
¿Quen é o que vai poder xuntar 25 anos cotizados?. Pode ser que aos 95 anos sexa unha realidade, pero aínda o dubido moito.¡ Arredemos!, con estes do bipartidismo xa que o PP tamén está na mesma sintonía.

Agora a darlle outra volta ao parafuso: xa podemos ir preparándonos para unha subida impresionante do recibo da luz para o primeiro de xaneiro, entre o 10 ou o 15 por cento. Que casualidade, coincidindo coa chegada ao Consello de Administración de Gas Natural Fenosa do “socialista” Felipe González (camarada Isidoro) que incrementará a súa “pensión” en 126 mil euros. Todo o que está pasando é unha burla insultando á intelixencia. ¿Por que rinse dos traballadores desta maneira?.

Non sei se chegamos a darnos conta que o problema xa non é Zapatero ni Rajoy, senón o sistema que eles mesmos representan. O sistema fai auga por tódolos costados. É surrealista todo isto, estes “socialistas” son os únicos que crense as súas mentiras. Son a quintacolumna que desde que Isidoro mandaba seguen saboteando calquera iniciativa real de progresismo e de avance da sociedade.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES