Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presente e futuro

lunes, 27 de diciembre de 2010
O estado actual do Ave en España contempla estas dúas posibles perspectivas: O presente, coa rede maior de Europa cunha lonxitude de dous mil quilómetros, e o futuro cunha rede que acadará os sete mil quilómetros, no que xa teremos un papel importante os galegos.
Polo de agora, eses dous mil quilómetros do Ave non afectan a Galicia senón que percorren especialmente o sur e este da Península Ibérica, sendo a última incorporación á Rede a liña entre Madrid e Valencia onde os viaxeiros circulan a unha velocidade de 330 quilómetros á hora.
O presente, pois, non nos afecta más que como antecedente para contemplar confiadamente ese futuro de cara ó 2015 cando se alcancen eses sete mil quilómetros de vía e Galicia terá papel importante no novo mundo das comunicacións por ferrocarril.
E se miramos ó pasado, podemos especular coa inxustiza cometida con Galicia en canto ó resto das comunidades onde xa se disfruta deste moderno medio de transporte, que ven coincidir coas comunidades máis desenvolvidas do territorio español.
Completo o mapa do Ave en media España, vainos tocar agora a nós, pero os procesos das grandes obras son lentos, e cinco anos é moito tempo, un tempo que curiosamente ven coincidir co período de crise que pronostica o Presidente do Goberno.
Confiemos no futuro, que cinco anos son breve período de tempo para conseguir beneficios que constituirán avances históricos, e os agravios comparativos esquécense co tempo.
O presente constitúe un agravio para Galicia. Se se remedia en cinco anos, podemos conseguir unha tardía igualdade, e confiar que no futuro non se repitan tan ostensibles desigualdades de trato.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES