Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Felices festas!

viernes, 24 de diciembre de 2010
O calendario marca setenta e dúas horas festivas incorporando á fin de semana as tradicionais festas de Noiteboa e o Nadal.

Para que as festividades teñan o axeitado clima rodeándoas, a climatoloxía é a que o calendario marca, faltando unicamente un conflicto de controladores ou de pilotos de avións para poñer o toque de angustia que manteña en vilo ós milleiros de persoas que se desplazan nestas festas.


Felices festas!Para que a felicidade non sexa completa, arredor de nós aumentan os problemas para todos os galegos que non teñen un posto de traballo e precisan de axuda inmediata para poder superar as dificultades básicas en tempo no que todos temos dereito a ser felices.

Porque temos a obriga social de ser felices en festas coma esta, poñer da nosa parte todo o entusiasmo para contribuir ó entusiasmo colectivo, e cumprir co que socialmente nos fomos impoñendo de propiciar calor de fogar nos tempos en que o frío nos señorea. Hasta os primeiros espadas da política parecen ter asinado un tratado de paz, tregua de Deus, que durará o que o calendario marque como días de festa.
E aínda que a crise se empeñe en levarnos a contraria, desde www.galiciadigital.com desexamos a todos os internautas de boa vontade “Paz na terra”, e que todo se confabule para facer destas unhas ¡Felices festas!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES