O 42% en Galego
X.X. - martes, 25 de mayo de 2004
As enquisas son sempre aleatorias, porque reflicten o que uns cantos opinan, considerando que a totalidade responde proporcionalmente ó que esas persoas seleccionadas indican. E o caso é que case sempre acertan, porque os especialistas no tema dominan as técnicas de extrapolación dun xeito cada vez máis científico.
Pois con arreglo a unha enquisa resulta que en Galicia o 42% dos galegos falan sempre en galego. Unha enquisa similar en Catalunya duplicaría e máis esta cifra. No país basco sería moito menor polas dificultades idiomáticas mesmo para os que teñen ascendencia autóctona en varias xeneracións.
Se é certo ese 42%, non terían ningunha razón os agoreiros que estiman que o idioma está en decadencia, a pesar dos esforzos que se fan no mundo da educación, por ter perdido aquel carácter combativo que en tempos tivo.
O caso é que o idioma ten conquistado mundos: o da cultura, o da política... xa dominaba no campo e no mar, que foron os sectores que o gardaron para nós. Falta aínda moito, pero de ser certo ese 42% de galegofalantes exclusivos, sumado ós bilingües, seguro que totaliza o cen por certo. Que todos podemos comprobar que se axusta á realidade, e cada vez máis. Por eso esto que vostede le está escrito en galego. É xusto e necesario. É bo.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora