Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Outra vez PISA

miércoles, 22 de diciembre de 2010
Outra vez PISA A escola da vida: Outra vez PISA

Os pedagogos diferenciamos tres grandes fórmulas educativas: a educación formal, a educación non formal e a educación informal. A primeira fai referencia ao ensino que se programa a través do sistema educativo; a segunda é aquela formación complementaria que lle permite conseguir ou mellorar determinadas habilidades á persoa por medio de cursos cunha idiosincrasia similar á educación formal, e, por último, a educación informal é a educación compartida uns cos outros acotío, sen que haxa obxectivos previos, educadores establecidos, etc. É cando a nai lle ensina ao seu fillo a comer determinados alimentos, ou cando un amigo lle comunica a outro algunha experiencia que tivo ou cando os medios de comunicación transmiten informacións que nos poden servir para as nosas vidas.
A pouco que un comprenda que todos estes procesos de ensino-aprendizaxe interactúan entre si de forma simultánea no noso día a día, poderá entender que a educación escolar non se pode illar do resto. Polo tanto, o que diga o informe PISA sobre a escola está a dicilo sobre todo o conxunto de saberes que cada alumno avaliado obtivo das contornas nas que se educou.As magnitudes do estudo da OCDE, a pesar de situar os estados ou comunidades autónomas nunha escala de puntuacións que os pon algo distantes, estas diferenzas son insignificantes cando se pasan a escala de decimal as súas equivalencias, o que fai ver que están magnificadas. Poñamos un exemplo. Se dicimos que Galicia obtén 486 puntos en lectura fronte a 481 España ou 503 Madrid, estamos a dicir o mesmo que se dixésemos que Galicia saca un 8,1, España un 8,0 e Madrid un 8,33. De xeito evidente, pensaríamos que non hai para tanto, e observaríamos que o noso sistema educativo non é tan malo. As nosas queixas van máis polo camiño de especular sempre co que nos falta por mellorar que por percibir que estamos no bo camiño.
Nada que obxectar a aqueles que pensan que outros van mellor, pero volvendo ao principio, tamén deberemos interpretar que algúns dos mellores teñen máis medios, unha traxectoria máis longa en canto a medidas paliativas e unhas autoridades e unha poboación que cumpren con maior eficacia as normas que ditan.
Porque moitas veces esquecemos que o civismo tamén é educación.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES