Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O pacto das pensións

lunes, 20 de diciembre de 2010
Os grandes partidos xúntanse e debaten en relación cos temas máis diversos. Actualmente, especialmente en relación co tema das pensións para facilitarlle o labor ó goberno que precisa aforrar a calquera precio para sanear as contas públicas de cara ó exterior.
Incapaces de cortar polo sano noutros campos máis sensibles para os seus intereses, entran no campo das pensións entendendo que por pequeno que sexa o recorte individual que experimente, conseguindo que sexan afectados millóns de pensionistas, o resultado vai ser ostensible e producir o efecto desexable.
Os quince últimos anos de cotizacións, ata agora cifra para computar cada pensión, pasarán a ser vinte ou vintecinco, que aínda non se coñece o resultado do debate. En canto á idade de xubilación, o PSOE xa se ten pronunciado que vai ser fixada nos 67 anos, coa flexibilidade oportuna.
E a todo esto, para saber de que se fala hai que coñecer cales can ser as pensións mínimas de 2011, que acadan os 742 € para o xubilado maior de 65 anos con parella ó cargo, 1.113 os gran inválidos tamén con parella, 742 os inválidos con invalidez absoluta ou 695 os viuvos con cargas familiares, por non falar dos 183 dos orfos.
En relación con estes números é co que se pacta, con que se pacta. Sobre os importes da miseria é sobre o que os grandes partidos, a petición do goberno, están pactando para saír da crise financieira e presupostaria, para salvar a cara.
Sobre esta parcela vai haber acordos sustanciais. Con outras, non ousan dialogar. Non se atreven.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES