Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Excitación patriótica

viernes, 17 de diciembre de 2010
Desde o Preguntoiro: Excitación patriótica

Alguén dixo por esas autoestradas da información que a “manu militari”do goberno contra os controladores é un “estado de excitación patriótica”. Coido que razón non lle falta a quen dixo esa frase. Leva este goberno desde fai meses recortando ao pobo chan e sinxelo os seus dereitos sociais e o pobo nin se inmuta.

Estou a falar das revelacións dos documentos de Wikileasks da baixada de pantalóns ante USA. Falo desa outra reforma do sistema laboral máis restritiva, quitan 420 euros de axuda a 600.000 parados, cambios a peor na lei de pensións que poden afectar ao 80 por cento da poboación. Falo de políticos que cobran máis de 230.000 euros ao ano que nos custan 3 millóns de euros e estes mesmos políticos teñen o dereito a cobrar a xubilación máxima con poucos anos no Parlamento, mentres aos demais pídennos 40 anos de cotización. A corrupción na política neste país non é excepción, senón norma. Banqueiros que acadan do goberno medidas duras contra os traballadores, onde premios novel de economía como Joseph Stiglitz e George Akelof dicián que: “é imposible resolver a crise sen que os criminais que cometeron o fraude estean na cadea”, referíndose aos banqueiros.

Ante todo isto e moito máis, nós, os traballadores temos que recoñecer que claudicamos como ovellas. Se non somos capaces nin de defender á nosa familia, aos nosos descendentes destes ataques. ¿Que clase de homes e mulleres somos?. Se en Inglaterra, Francia, Grecia, Italia e outros países os traballadores e xoves maniféstanse para defenderse desas medidas draconianas e manipulacións mediáticas, en España nin se move o apuntador. Pode ser que nos chegara esa “excitación patriótica” vía “manu militari” con ese ataque preventivo en misión humanitaria ás torres de control.

Quizais sexa pesimista, ou a maioría vive moi ben neste país ou somos “gilipollas”.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES