Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do Belén ó capón

jueves, 16 de diciembre de 2010
O Nadal na Terra Cha empezou o día catro de decembro, quedando entón aberta a tempada número 39 do Belén de Begonte e o seu museo, estando xa senso visitada por grupos de colexios e asociacións ou familias que aproveitan de xeito especial as fins de semana para acudir a contemplar o Belén da Terra Chá.

E ese mesmo día, pola mañá, o Concello de Begonte aprendeu a perfecta lección de facer “Fillo predilecto” por primeira vez a un begontino, neste caso a título póstumo, entregando á familia de José Rodríguez Varela, creador do Belén, a testemuña desta distinción.

En Begonte está aberto un Belén exactamente igual que o ano pasado, en homenaxe a Varela, que nos deixou a comezos do pasado mes de xullo, e os colexios apúranse en organizar visitas antes de que rematen as clases, e as asociacións de todo tipo danse cita en Begonte, onde parece que ir ver o Belén é un hábito que se fóra noutros tempos derivaría en peregrinación, e visto o número de persoas que alí acoden e a emoción que sinten, tampouco está tan lonxe.

Ese día catro tiven unha xornada parecida á dun político e pola mañá, mediodia e tarde estiven en Begonte, e á noite vin para Vilalba onde participei na cea anual da Polifónica Vilalbesa, onde a miña muller recibiu un ramo de rosas que, contadas, resultaron ser catorce.

Eu comentei o feito, pensando que a unidade normal dun ramo neste país é dunha ducia e recibín a curiosa afirmación de que en Vilalba as ducias de flores teñen catorce unidades. Que ó mellor era broma, pero sabendo que as medidas de Vilalba son as maiores de Galicia, cuns ferrados descomunais en relación con calquera outro coñecido, crein firmemente que en Vilalba as ducias están composta por catorce exemplares, neste caso de rosas brancas.

Foron pasando ós días e chegamos ás vísperas da Feira do capón, que de por sí xa é abondo para que Vilalba sexa punto de mira de Galicia enteira tendo ós totémicos capóns como referencia absoluta do mellor manxar gastronómico do Nadal neste país.

Parece como se se pechase así o círculo: do Belén electrónico de Begonte ó capón de Vilalba; da pureza e espiritualidade dun inocente belén ó maior placer gastronómico que os vilalbeses podemos disfrutar. Todo, polo Nadal, a nosa festa máis entrañable.

Que nos aproveite. En todos os sentidos posibles.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES