Reformar o Estatuto
X.X. - lunes, 24 de mayo de 2004
Pensaba eu que o Estatuto de Galicia era perfecto para esta comunidad histórica que como mínimo- é a terceira cronoloxicamente e en dereitos consolidados pola realidade vital. Sería mesmo a primeira se temos en conta as razóns xeográficas, históricas e políticas.
Teñamos en conta que desde hai máis de trescentos anos, na Catedral de Lugo faise anualmente solemne ofrenda a Xesús Sacramentado por parte das sete cidades-capitais do Antigo Reino de Galicia. Galicia, reino.
En tanto, o goberno amigo do PP estaba triunfante, o Estatuto era perfecto e inamovible. Agora, que o PP nacional pertence ó sector da política purgante, o Estatuto non só é revisable senón urxentemente mudable.
Fraga pide 25 traspasos de competencias (Cataluña, 85), mentras que Touriño e Quintana agardan do PP un consenso para obter unha postura conxunta ante Madrid.
Se o noso maior problema agora é a revisión do Estatuto, adiante. Pero os nosos paisanos que aquí somos todos- estiman (estimamos) que o que primeiro nos afecta é o paro, logo as infraestructuras, o de Izar (ou sexa: as reconversións), etc.
Pero se todo esto o amaña a revisión do Estatuto, vaiamos todos (Fraga, Touriño e Quintana os primeiros) pola senda estatutaria, e ogallá que acertemos, que moito é o que nos estamos a xogar neste momento crucial.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora