Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dramas invididuais

jueves, 16 de diciembre de 2010

A través das grandes canles de información temos a diario – ó segundo- información dos aconteceres do mundo, con especial incidencia nos temas dramáticos que parecen abundar cada vez máis pola atención informativa que despertan.
Os grandes medios e os poderes que os sustentan infórmannos do que coidan debemos saber, e de cómo debemos enterarnos. Pero non todo está nos grandes medios, especialmente se temos en conta que as noticias que máis nos afectan son as que acontecen no contorno de nós e dos nosos, que as noticias que para os grandes medios pasan desapercibidas son as que máis nos interesan. Daí, o triunfo da información nos medios localistas.
Entendendo Galicia como unha “cidade” única, comunidade da que todos formamos parte, non pode pasar desapercibida a noticia de que a Xunta vai adiantar diñeiro mensualmente ós concellos para que poidan atender os pagos habituais, paliando a falla de liquidez.
Pero temos que seguir baixando de nivel, que as institucións, aínda que engloben persoas, non son individuos. E enterámonos de que Cáritas atende ó doble de persoas que hai dous anos, e que máis do vinte por cento dos galegos está en risco de exclusión social. Que os desahucios en Galicia son arredor duns dous mil ó ano tendo aumentado un setenta por cento no último exercizo e que preto de sesenta mil familias galegas precisan de axuda alimenticia para poder subsistir.
Son dramas familiares ou individuais, cotidianos, que cada día acontecen preto de nós, arredor de nós, do que non nos damos conta se non miramos atentamente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES