A fiestra do horrores
Luaces, Xaime - jueves, 16 de diciembre de 2010
Estando abstraido cuberto dunha brétema inexistente no salón da miña casa
nun bar que hai preto dela, vánseme os ollos ó chisperrar incesante da fiestra das miserias: nela vese un home a cabalo, vestido de extranxeiro; dicíndolle ós que queiran escoitalo, do seu orgullo de ser galego ao tempo de convidar aos mesmos, a estalo tamen; màgoa de cabalo, eu que soio dispoño dun velosolex, non poido chegar máis alo de selo de La Curunña de Maria Gallina; non confundir con aqueles que son da Coruña de Maria Pita, esa roxa que botou ós ilustrados na lingua na que é versado o seu pio rei das tartas.
Voltando á fiestra onde se insulta á intellixencia: despois da galopada, mostran nela un fato de fatos facendo fatadas, dun altruismo mexiriqueiro pretendidamente galego, que non se sabe a cencia certa si viaxa en cabalo ou en velosolex, nin creo que ninguén saiba tampouco si se come con culler ou con garfo
que maneira de aldraxar a realidade dun pobo; un pobo onde moitos, coma min, por exemplo, que non sendo orgulosos nin vergoñentos de ser galegos, xa que simplemente somos galegos, o que non é unha razón de raza e sí de cultura; o que quere dicir confundirse co terreo, galego niste caso.
Istes antropo-amorfos habitantes da fiestra da vergoña; non sei se son imbéciles ou se o que pretenden é que nos avergoñemos de ser galegos .. Non o conseguirán. Neste país estamos fartamente habituados ás invasións desnoroestadas.
Barón de Erbón Xan da Tolda

Luaces, Xaime
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora