Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aniversario

jueves, 16 de diciembre de 2010
O vindeiro venres, día 17, cúmprese o 527 aniversario dun fito que prevalece, non só no arquivo histórico, pola transcendencia que tivo no devir da nosa terra, senón tamén na memoria popular, por tradición oral e posto que foi, ó longo dos tempos, motivo que inspirou a poetas e trovadores, a músicos, historiadores e estudosos. Cantouse en feiras e mercados e representouse no teatro… Falamos da prisión e morte de Pardo de Cela. Sabido é que éste foi acaso o persoeiro mais controvertido da historia medieval de Galicia e non seremos nós quen faga xuizo de valor algún sobre a súa personalidade. Só nos interesa que o seu recordo non esmoreza porque para cantos vivimos nos pobos da que demos en chamar “ruta Pardo de Cela” a súa vida, venturas e desventuras teñen un engado singular. O historiador B.Vicceto, tras un longo preámbulo no que describe a situación social e política de Galicia, conta cómo os reis Católicos enviaron a Galicia a Chinchilla e Acuña, en 1480, para “facer xustiza neste reino”; chegados a Santiago, “xuntaron cortes” e formada causa ó Mariscal dictaron sentencia: confiscarlle os bens, e morte a garrote. Faltaba apoderarse da súa persoa, labor que encomendaron ó capitán Mudarra, que ata finais de 1483 non puido cumprir a misión. Ignórase os lances de armas habidos neses tres anos, pero sábese que a finais do último estaba o mariscal só na Frouseira. Nela pechouse tal vez esperando a axuda de amigos e aliados ou só disposto a vender cara a vida. Ubicada a fortaleza nunha outa e escarpada rocha de difícil acceso; Mudarra, impaciente, emprendeo o asalto: foi un erro porque morreron moitos dos seus soldados e o resto fuxíu en retirada.Deberon ser moitas as mortes porque existe un documento no arquivo do cabido de Mondoñedo, según o biógrafo Rebellón, no que Ruy Pèrez, coetáneo dos feitos, declara que vivíu en San Martiño, e testemuña que Mudarra deixara certa cantidade de maravedises para fundación e altar de Santa Catalina e unha función os primeiros luns de cada mes polas almas de cantos morreran e se enterraran sobre o cerco daquel forte... Sirva o que antecede de mínima lembranza.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES