Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sempre, Santiago

miércoles, 15 de diciembre de 2010
Non puido ser o da prolongación do Xacobeo durante o 2011, por moita afluencia de peregrinos que recibira Galicia, nin o entusiasmo que provocan os Camiños a Compostela, levando a palma o denominado Camiño Francés.
Non puido ser porque a Igrexa non podía entrar nunha dimensión que lle ten que ser alléa, e provocar unha decisión deste tipo con tal influencia dos poderes temporais e dos temporais intereses podería provocar resultados non desexados.
Pero sempre se atopan remedios complementarios que, sen ser o mesmo, poden seguir producindo beneficios interesantes, como é a celebración que no 2011 vai ter lugar por cumprirse oitocentos anos desde que o rei Afonso IX consagrou a catedral compostelana.
Non é o mesmo ca un Xacobeo, pero si é unha celebración que vai facer noticia de novo a Santiago e a súa Catedral, unido todo á continuidade da riada de peregrinos polos camiños, que certamente a celebración do Xacobeo provoca de xeito especial a peregrinación-viaxe a Santiago, pero todos os que vemos os camiños e as xentes sabemos que o camiñar non remata cando remate este ano.
Non serán as mesmas cantidades nin haberá os mesmos festexos, que tampouco estamos para demasiadas músicas, pero os empresarios establecidos ó longo dos camiños ven a forza imparable do movemento camiñante, e saben que esta situación vai continuar.
En abril de 2011 será o grande acontecemento para unha Compostela arredor da súa Catedral, e ben fará Santiago en celebralo por todo o alto, e facerse toda Galicia eco do que alí aconteza. Porque, aparte do significado relixioso está o feito histórico, e está especialmente a continuidade do “efecto chamada” de Santiago hacia todo o vello mundo que cre, sabe, que tamén para estar no mundo como Deus manda hai que camiñar algunha vez na vida hacia a catedral da capital de Occidente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES