Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis acerca da solidariedade

miércoles, 15 de diciembre de 2010
Da tolerancia e da solidaridade xa me ocupei nun artigo anterior. Hoxe quixera dicirlles algo sobre esta, dende a perspectiva sociobiolóxica e cultural, destacando matices altruistas e egoístas, incluso na globalización.
A maioría dos estudiosos da solidaridade e do altruismo comparten unha opinión común, que somos solidarios en xeral os viventes porque iso nos achega máis “beneficios” cá actitude contraria: o solidario ten moitas probabilidades de recibir, en caso de necesidade, un apoio maior dos seus semellantes có insolidario. Xa asoma aquí a actitude egoísta a súa faciana, non sí?.
Tamén están nesta liña os que sosteñen a tese de que, nas decisións solidarias, na actitude xenerosa, cos semellantes, pesa abondo a procura do prestixio social, porque o solidario adoita contar coa estima das xentes da comunidade na que vive, e pode desfroitar da aureola que acada co seu comportamento solidario. É evidente que, neste suposto, fai acto de presenza, asímesmo, o egoísmo: a solidaridade é INTERESADA.
Moitas outras “razóns” podemos encontralas nas obras de Antropoloxía, Sociobioloxía e, principalmente, de Etoloxía. Nelas explícasenos ata onde certos comportamentos humanos e condutas animais encobren un certo egoísmo cando semellan ser solidarios ou altruistas. É un argumento etolóxico, por exemplo, que os animais se apoian en certas actividades, como a caza (lembren o lobo), a defensa, etc., e alicérzano na preprogramación xenética, para defender e facer que perduren o xenes idénticos, transmitidos polos seus devanceiros. Por estar implicada neste caso na natureza do vivente esa conduta, din os etólogos que o altruismo e a solidaridade conseguinte é DESINTERESADA. Ocupan aquí un amplo espazo, como é lóxico, as teorías evolucionistas. E polo que respecta aos xenes, permítanme que lles aconselle a lectura de EL GEN EGOÍSTA, de R. Dawkins, na que se defende que o individuo ven a ser “un criado mandado” dos xenes, un instrumento da súa pervivencia, porque o utilizan no seu interés. É curioso: o individuo dunha especie, ata agora suxeito de atribución das cualificacións de egoísta ou altruista, queda relevado delas e pasan ós xenes.
Non hai dúbida de que a solidaridade humana ten componentes específicos, como o factor cultural, sen que isto supoña unha desatención as estruturas sociobilóxicas, como elementos básicos e subtensores do comportamento do home; sen embargo, hai unhas constantes que só se poden explicar culturalmente, pois a mesmas sociedades humanas teñen estruturas para a cooperación, cuxas funcións serven a esta e foméntana. Bastan de exemplo as estruturas económicas de cada sociedade, porque tanto a produción como a distribución e o consumo lévanse a cabo mercé a solidaridade: uns producen para que outros consuman, e uns terceiros distribuen os produtos e organizan o mercado. Claro, uns e outros desempeñan estas funcións en interés propio, é unha solidaridade INTERESADA, e ata onde chega o altruismo e o egoísmo non sempre é fácil determinalo. Existe colaboración interesada na docencia, na sanidade, na xustiza, na política…; pero tamén entrega desinteresada do home dentro destas mesmas estruturas.
Polo tanto, normalmente, as institucións que funcionan no seo das sociedades humanas favorecen a solidaridade, e tal é o caso do parentesco, das relixións, das agrupacións político-ideolóxicas, etc.; pero non debemos esquecer que os sistemas sociais están sempre sometidos a transformacións e cambios de toda natureza, pero principalmente de carácter socioeconómicos e culturais, que afectan as solidaridades dimanantes das distintas estruturas creadas ad hoc, que tamén, se cambian, producen “resonancias” en todas as demais estruturas conexas, en diversa medida, na mesma sociedade.
Neste caso, as situacións nas que se pode desembocar adoitan ser tamén de diversos matices: un cambio no sistema económico pode afectar ó ensino, á sanidade, á administración de xustiza, etc.; pero unha transformación nos plantexamentos políticos e ideolóxicos pode ter efectos económicos, docentes, relixiosos, sanitarios, etc. Mais aínda hai que considerar se os cambios se producen pola forza ou pola escasa prudencia e talento a hora de calcular a receptividade social, porque arrastran fondas quebras nos procesos xerativos da solidaridade, con non desprezables alteración na orientación, no último suposto, e traumas imprevisibles, no caso de violencia.
Por último, hai que enmarcar todo isto no contexto actual dunha economía na que o capital físico conta menos que a imaxinación e a creatividade humana, onde, nesta era do acceso, a tecnoloxía ON-LINE, está posibilitando a desaparición dos mercados substituídos polas redes, e a propiedade física polo ACCESO. Así, pois, imponse un novo modelo de solidaridade, que a faiga operativa entre aqueles que teñen as súas vidas vinculadas o ciberespazo e aqueles que non teñen acceso o novo ámbito da existencia humana, xa emerxendo en forma de ONGS, Médicos Sen Fronteiras, etc., que están dando un gran exemplo de sensibilidade e de capacidade de resposta a globalización en sentido amplo.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES