Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confianza

martes, 14 de diciembre de 2010
Resulta paradóxico que na actualidade sexan as Forzas Armadas as que despertan máis confianza entre os cidadáns españois, ocupando o extremo oposto os partidos políticos.
Trinta e cinco anos de democracia fixeron alterar de xeito drástico a visión do mundo que nos rodea. E se daquela, 1975 e anos inmediatos, en que todo comezaba, as Forzas Armadas despertaban caudno menos inquedanza e temor pola súa posible actuación en determinados momentos e situacións, na actualidade, democratizadas, simplificadas, veñen ser un exemplo social no que mirarse a xeralidade da xente da que elas proceden.
E sen embargo, os partidos políticos e os políticos en xeral que daquela e anos posteriores se viron como salvadores dunha situación moi difícil da que só se podía sair polo camiño da liberdade, transformáronse en problema.
A estas alturas do século, das institucións só merecen un aprobado por parte dos enquisados polo Cis as Forzas Armadas e a Monarquía, quedando suspensos por pouco o Defensor do Pobo, os medios de comunicación e as comunidades autónomas. Despois, todo é suspenso para o Constitucional, o Poder Xudicial, o Parlamento, a Igrexa Católica e o Goberno central, pechando a relación os políticos, problema cando tiñan que ser e considerarse solucións.
Pénsase que no momento actual, cando se fala de crisis, case todo está en cuestión. Está en cuestión o sistema. E o síntoma máis claro é unha absoluta falta de confianza: confianza nos mercados, na evolución económica, nos gobernantes, no futuro. Que a maior desconfianza a provoquen os que teñen que procurarnos solucións, non é moi bo síntoma. Algo vai ter que reconsiderar a nosa clase política para que confiemos nela algo máis.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania