Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Homenaxe a D. José Fernández na Milagrosa

lunes, 24 de mayo de 2004
Pregunten na Milagrosa quen foi don José Fernández Núñez. Respostaranlles: Un santo. El foi o primeiro soñador dunha personalidade propia para esta dinámica zona lucense, daquela Agro do Rolo, situada en terras fronteirizas entre a cidade e o campo aberto.
Eu son milagrosista. Primeiro, de adopción. Logo, por dereito de consorte. E, por fin, residente en propiedade desde hai 31 anos. Non coñecín a don José. Pero percibín a súa presencia, a súa obra, a través dos que o coñeceron. E a través dos anos chegoume e chégame a grandeza do seu talante, do seu esforzo, da súa fe.
Un dos meus primeiros traballos na prensa (aló por 1969), foi unha reportaxe para El Ideal Gallego sobre a igrexa e parroquia da Milagrosa, a través dunha entrevista co primeiro párroco, don José Varela España. Don José Fernández nunca foi párroco da Milagrosa.
Rosita Lourido faloume de Don José Fernández con auténtica unción. Manuel María lémbrao como un pai (era seu tío), que o acolleu en Lugo nos seus anos de estudiante. Os milagrosistas, lévano –levámolo- no corazón desde hai medio século.
Houbo que agardar a 2004 para facer xustiza a don José. Tiña que estar Manuel Mariño como párroco da Milagrosa (tiña que apoiar a iniciativa o bispo Frei Xosé), para que se soubese escoitar a voz de don José a través do tempo. Eles entenden, como na Milagrosa se entende, que don José Fernández quere vir desde o seu natal Outeiro de Rei á súa Milagrosa para durmir o sono eterno dentro dos muros da igrexa coa que tanto soñou e pola que tanto fixo.
Crego de Albeiros-San Froilán (Ecónomo desde 1942 e párroco desde 1951) desempeñou un labor esencial nun tempo de graves carencias educativas: Fixo nacer unha escola nocturna obreira, logo unha escola de nenas, e por fin (mercando dúas casas na Avenida) patrocina unha escola de tres grados, que entraron en funcionamento os anos 1947, 1949 e 1955.
Primeiro abreu capela do Perpétuo Socorro na Avenida da Coruña, para logo mercar un amplo solar para a igrexa no lugar que sería a futura Praza. Colócase a primeira pedra da nova igrexa en 1946. No ano 1951 comeza o culto. Pero a parroquia non nacería ata 1961. Don José morreu en 1963.
41 anos despois, don José Fernández volve á Milagrosa. Esta vez para quedar. Nunca foi párroco da Milagrosa. Pero para A Milagrosa sempre foi moito máis. Desde o día vintecinco deste maio, estará entre os seus, que somos todos os que vivimos neste gran barrio lucense. Por eso este martes, na igrexa da Milagrosa, os amigos de Don José temos unha cita ineludible.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES