Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A unha moza xornalista que tremelica medio núa

martes, 14 de diciembre de 2010
Benquerida amiga:

Máis dunha vez temos falado ti e mais eu que a túa vocación é escribir, narrar, contar. Comunicar. “Quen o viviu, sabeo”, e eu vivino, por iso o sei. As túas condicións mentais, coronarias, mesmo xeométricas, son pouco comúns, por non dicir excepcionais. Naciches para “visualizar” case de xeito automático e de seu o pensamento, porque iso é a comunicación: facer posible a visualización do pensamento, por canle aritmética, e se é por canle de arte grata, moito mellor: boa pluma, certa fascinación de “rostro televisivo” ou de “imaxineiría” radiofónica tal que. Disto tes dabondo. ¿Pensamento? Velaí a clave. Tamén o tés. Mellor dito, tes a capacidade, a afición, o gusto e a ética del, pero acada-la súa sitemática, mesmo o peso xusto dunha lóxica habitual, iso non o hai, non hai tendas ao detalle onde comprar iso. E menos, Facultades arestora. Cando Descartes dixo aquelo de “Penso, logo existo”, estaba pondo o listón moi alto, demasiado alto: cando el quixo fixar a posibilidade do coñecemento da realidade – acudiu a iso ¿ Que é iso? Iso é o cumio resultante dun proceso vital de exercicio diario no cultivo do “logos” ou da vida específica do home/muller: pensar pensamentos, pensarse. Só iso, pensamentos. Porque nacer, medrar, multiplicarse, comer, beber, facer, fornicar, defecar, iso faino todo o mundo, pero non é a especificidade da persoa, e aínda que o fose, todo iso non precisa “comunicación” evidentemente, tremelante, áulica e académicamente núa futura xornalista, que dis ti.
O que realmente precisa o comunicador, miña querida e por un intre dubitativa estudiante de xornalismo, é ter que comunicar, e ti tes ideas, quero dicir, “ideal” con qué e polo qué “revolucionar” ou “evolucionar” ao lector, á sociedade: un “ideal” universal – le ben: u-n-i-v-e-r-s-a-l, iso é – que só se acada “automatizando” o pensamento a base de aprender pensamentos no imaxinario colectivo da humanidade: ou sexa, de facerse amigo da filo-sophía, esa señora que quedou viuva fai xa moitos anos nas naves do Templo Universitario, que digo eu e ti me comentas…Por aí teriamos que ver se Filosofía ou Historia do Pensamento, etc. non sería hoxendía algo urxente para “completar” o sacerdocio (¡ joder, que palabra! ) de quen non quere ser un “embaucador”, senón un “profeta”: nena, ningún profeta morreu na cama, e hoxe as camas están cheas de xente , me parece.
E ti tes xuizo abondo. Sabémolo ben. Pero estás a tremelar, como todo o mundo tremelica diante do misterio da vida, que Unamuno definía como unha “agonía, como un agonismo, quere decirse coma loita e velaí. Só os alpabardas lacazáns non loitan, por iso tragan, prostitúesen e nin siquera se decatan de que están a ser sodomizados vergonzosamente pola “cabecera” ou a nai que deu a “cabecera” e o xornalismo de empresa e edición. Pero nesta vergonza e no alpabardismo “acrítico”de moita xente –¡xente! – que traballa nos medios, pódese erquer, compre facelo, como divinidade do cosmo-politismo e consciencia dunha revolución sempre pendente -¿Qué é iso mais que o que Cristo e o evanxeo chama Reino de Deus?- unhna “mediación” senlleira e positiva como ti queres ser, e non unha fedoñenta lacra intelectual como xa son moitos dos teus, logo, logo, colegas.
Estás a facer o noviciado dunha profesión á que hoxe lle falta humildade, cultura ampla e cintura de cosmovisón, que é o que dá a sinderese imprescindible do amor á verdade, á gratuidade do oficio; o noviciado dunha profesión á que lle sobra, moi a miúdo, manipulación e caricatura tanto da noticia coma do seu protagonista. Con todo isto, decátaste que, apiques de entrar na boca do lobo, estás núa e en pelotas académicas, mesmo en desvalimiento ético. Pois nada, María Soliño: Segue, analiza, ad-mira, pensa, busca, respeta, goza no “medio” e na vida, empatiza con ela e simpatizaa. E ama o silencio: xuntos, moi xuntos, facede o amor caladiños e moi a fondo, ate que lle esprimas todos os zumes, só alí no fondo, da palabra auténtica…
E así, miña filla, non fales, escribe, fala, mira á cámara, cala, escribe, fala, ¡silencio! , e berra. Que compre berrar, miña maría soliño, porque hoxe na túa profesión hai máis seguidores de Goebbels que do Apolo da “Fragua de Vulcano”. E berra, ainda que che peguen un tiro. Ou dous, miña amiga: que poida que eso sexa a mellor forma de parir a muller e o home que estean preñados de verdade.

Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES