Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Informe Pisa

lunes, 13 de diciembre de 2010
Vivimos a golpe de informe, elaborado polos máis variopintos organismos e diversas entidades, públicos ou privadas, que van proporcionando datos estatísticos que resultan ser para case todos dogmas de fe.
O último coñecido, polo de agora, é o famoso Informe Pisa, da OCDE, ó que se lle atribúe validez abonda para acreditar o estado da educación nos diversos paises do mundo, resumindo este estado nas calificacións que obteñen os estudiantes en comprensión lectora, matemáticas e ciencias.
Os mellores do mundo, segundo este estudio, son os estudiantes de Shanghai, na China, que figuran no primeiro lugar absoluto.
É esta a segunda vez que os estudiantes galegos participan nas probas para a elaboración deste informe, mellorando ostensiblemente en relación coas anteriores, sobrepasando a media estatal e vindo a ser a quinta das autonomías españolas.
Estábase agardando por este Informe Pisa como auga de maio que viñera clarificar e dar aval ós nosos sistemas educativos, sen darse conta que é unha enquisa máis, en base a un grupo determinado de alumnos, e que para coñecer o resultado do ensino no noso mundo galego non hai máis que mirar arredor.
Un informe coma este pode ser un respaldo máis a un xeito determinado de facer as cousas, pero non é nada definitivo. E as mellorías que se detecten poden ser puramente coxunturais, aínda que sempre resulten gratificantes. E que Galicia en relación coa media nacional apareza ben en canto a comprensión lectoral e matemáticas e bastante ben en ciencias, pode resultar reconfortante pero España figura no posto 33 do mundo en comprensión lectora, no 36 de ciencias e no 34 en matemáticas.
Informe Pisa: algo mellor. Pero aínda falta moito para estar satisfeitos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania