Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Problemas na Autovía

viernes, 21 de mayo de 2004
Aparece un socavón na A-6, e sentimos como se nos fundise o mundo. No Km. 457 da autovía Madrid-A Coruña, un fallo no terreo obriga a cortar durante uns días o tramo entre Vilartelín (Baralla) e O Cereixal (Becerreá) en tanto non se efectúan os traballos de reparación. Un novo fallo perto do tunel de O Cereixal ven complica-la situación, máis sicolóxica que outra cousa.

Non hai máis que lembrar as dificultades que tivo a construcción deste tramo debidas a que se trata de terreos moi vellos, nos que é dificil asentar estas estructuras. Non hai máis que lembrar o retraso que a obra tivo nesta zona, derivada da complexidade de soluciona-los problemas estructurais. E os traballos complementarios de contención de ladeiras, aínda ben recentes en varios lugares.

O mesmo pasou na zona de Begonte cando sufriron forte retraso e se encareceron as obras en perto de 1.000 millóns de pesetas polas dificultades do terreo, no que a pesar dos pertinentes estudios posteriormente formouse un importante badén.

En fin: que as mellores obras teñen algunha tacha, e máis cando non dependen da acción dos humanos. Agardemos dos humanos técnicos solución rápida a estas continxencias imprevisibles.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES