Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os recortes nos servizos sociais

miércoles, 08 de diciembre de 2010
A escola da vida: Os recortes nos servizos sociais

En tempos de crise, as clases medias descobren as perdas no seu estado de benestar, mentres que as clases baixas simplemente manifestan a súa continuidade na pobreza. Unhas e outras sofren as súas desgrazas presentes con desolación.

A miña longa vida laboral nos servizos sociais faime comprender os problemas duns e doutros. Os servizos sociais son os que teñen que dar respostas efectivas e estables ás situacións penosas en que se poden atopar calquera dos seus cidadáns.
Pero, en épocas de bonanza, os recursos das Administracións que van parar a eses servizos son mínimos porque as súas prioridades están noutras partes. Así, invisten en obras públicas co fin de revitalizar o emprego e o desenvolvemento social, na sanidade para poder atallar os problemas sanitarios que penalizan as vidas das persoas ou na educación para que o futuro da sociedade sexa máis grandioso como consecuencia dos maiores e mellores coñecementos achegados aos nosos nenos e mozos. E así poderiamos seguir definindo as outras prioridades marcadas para as outras áreas importantes para os nosos políticos, pero entre elas non estarían os servizos sociais. Non obstante si se acordan deles para derivar os usuarios doutras partes á hora de atendelos, como pode ser o caso dos doentes crónicos da sanidade ou dos rexeitados polo sistema educativo.

Así que cando veñen mal dadas as cousas para o conxunto social, os moitos usuarios que xa teñen que atender os servizos sociais cos precarios medios de que dispoñen vense rebordados pola auténtica marea de novos afectados. É desde este punto desde onde parte o informe do Valedor do Pobo As persoas sen fogar en Galicia. O maior número de persoas sen teito vagabundeando polas nosas rúas pon en evidencia as carencias de recursos con que conta o sistema de servizos sociais. É a imaxe da súa febleza, de que a pouco que se lles esixa algo máis se ven rebordados nas súas coberturas.

O informe do Valedor non fai máis que ponderar o que desde dentro xa todos coñecemos, e que en poucas palabras poderiamos resumir en que vai sendo hora de que se pase de facer unha política de beneficencia a unha política de asistencia social integral, que se sustente en cubrir as necesidades dos cidadáns achegando os medios necesarios.
Suárez Sandomingo, José Manuel
Suárez Sandomingo, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania