Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día da Constitución

martes, 07 de diciembre de 2010
Mencionamos o día da Constitución a posteriori, pero tamén as autoridades e institucións o festexan varios días antes. É o usual neste país, no que a festa está por riba de calquera outra consideración.

Se a Constitución cumpre anos cada seis de decembro, a partir daquela xornada de 1978, foi o seis de decembro de 2010 cando se cumpriron os anos, e os festexos que se quixeran celebrar habería que facelos, con tal motivo, no día sinalado. Pero non, ó declarar festivo esa xornada todos entendemos que o día queda para ser festexado, para non traballar.

É verdadeiramente sintomático que as autoridades competentes celebren a nivel provincial o día da Constitución dous días antes. Diante desta situación o exemplo que se nos dá a todos é que son máis de estimar os días de vacacións que as conmemoracións festivas dos grandes acontecementos.

O mesmo ocorre co Día das Letras Galegas, cada 17 de maio, no que desde que está declarado festivo, non hai clases nos colexios, nin celebracións por parte de Institucións, Asociacións ou particulares.

O mesmo Día esmorece, e as celebracións aidántanse para que todos disfrutemos dun día non lectivo, festivo.

O mesmo lle vai pasar ó Día da Constitución, se é que non está xa consolidada a súa sacralización festiva. Primeiro está o descanso, a festa. As celebracións, facémolas, pero resultan ser secundarias.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania