Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vai de gado

Luaces, Xaime - martes, 07 de diciembre de 2010
Do gado porcino, ou seña: dos porcos. ¿En que estaría pensando eu?

Os porcos de hoxe en dia son un anaforisme carnal que non expresa xustamente o que é un porco coma é debido; ¿que diria un porco dos de antes se vese a un conxénere cun anel na orella?.
Un porco neste noso pais, por moito que durma nun espazo axeitado para si, comparte os cumúns cos outros habitantes da casa, contorneando seus volumes provocadores dun erotismo gastro-intentisnais «in-crecento» a razón, tanto da súa gananza en peso coma coa chegada das primeiras xeadas do inverno.

Os porcos son uns animais tan listos coma a maior parte dos homes, inda que non tan intelixentes coma a minoria deles -a intelixencia aboca ao écleptismo, e áos porcos na súa convivenza cos humans fainos dependentes destes, é decir son dogmaticos (¿en que estaria pensando eu?)-

Os porcos coma calqueira animal son uns grandes supervivintes, e segundo os humáns gardamos o xénero no faiado ou na adega, eles empetan en si mesmos coma se fosen odres infindos que xamais se dan por cheos, arrepañando por alá e acolá, o que poden; chegando a facer por engaiolar con agarimos abafantes, sen nengún decoro, a quen teña un anaco que eles poidan levar á boca (¿en que estaria pensando eu?)

Os porcos son teimudos nos seus propósitos, que por riba, coa sua finchada en se mesmos, non lles deixan ver os erros, por iso tecen e tecen no mesmo furado, onde chegan a meter todo a testa, o que lles fai perder a óptica do arredor (¿en que estaria pensando eu?) causa esta pola que hai que lles poñer uns arames no fociño por si chegasen a furar a carón dos valados, una cousa que no país dos valados son divindades. Non está moi ben visto que os boten por terra (¿estaria pensando eu en san Robespierre virxen e mártir?)

En fin, que aos porcos (os antigos ou os que son coma eles) da xenio velos paseando as súas orondeces, paseniño a paseniño, amosándoas … lustrosas, fecundas; enrriquecéndose dia a dia xusto o da festa, malchamada a súa: cando dende o comenzo dela veñen engalanando as mesas coas suas diferentes partes amañadas de tódalas mañeiras posibles no proceso, que o seu longo funeral permete … ¿por que pensarei eu na clase traballadora?

O Baron Erbón Xan Da Tolda
Luaces, Xaime
Luaces, Xaime


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES