Cero Patatero
Cardalda, Theo - miércoles, 03 de noviembre de 2010
DESDE O PREGUNTORIO: CERO PATATERO
Xuntanza de Zapatero e os grandes empresarios (case trinta) para resolver e buscar consensos ante a crise que eses mercados (banca) provocaron. O empresario máis contundente, sen ser agresivo con Zapatero, dixo que no hai tempo para buscar consensos e tense que actuar axiña. Non entanto, tódolos empresarios lle reclamaron a o presidente firmeza e determinación: que non lle temble o pulso, que sexa firme, rápido e contundente. ¿Contundente contra quen?. ¡Contra o camarada Fernández Ordoñez presidente do Banco de España!.
Como teño que explicarlles que o PSOE foi un partido resucitado en Suresnes coa guita da socialdemocracia alamana xunto co seu líder o andaluz Isidoro. Como teño que explicarlles que os membros do PSOE eran tratados con luva branca polo réxime franquista, mentres torturaban a demócratas, comunistas, nacionalistas e antifranquistas nas cadeas.
Como explicarlles a historia e sexan capaces de ver a estreita relación entre os intereses do grande capital e a socialdemocracia. Como explicarlles o proceso de saqueo dos pobos do mundo que sofren a mans destas democracias, proceso que se conta por cadáveres xustificando como un libre, e xusto sistema de organización social coa complicidade destes fariseos de esquerdas .
Cómo lle contas a un demócrata que o estado de dereito, a liberdade e a xustiza en Europa érguense sobre a maquinaria asasina máis afiada da historia da humanidade coa dereita cavernícola e a complicidade da socialdemocracia. Cómo se pode explicar que non se conte cos pequenos e medianos empresarios que tamén sofren esta crise e máis postos de traballo dan en este país.
¿Que podemos agardar desa xuntanza do noso Zapatero cos especuladores que provocaron esta crise? . Cero patatero e a pringar os currantes. Están a tensar a corda avariciosa e pode rachar por calquera extremo. Mala faísca os coma.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora