Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O pasado como pantasma

miércoles, 03 de noviembre de 2010
Moitos integrantes das novas xeracións humanas miran de esguello o pasado, sen decatarse que é moito máis importante do que adoitamos pensar, e ignoran que esixe un tratamento axeitado, pero -coidado!- ó pasado tampouco hai que permitirlle que desempeñe o roll do presente: só debe ser o que é, PASADO. Xa dicía Ortega y Gasset que “nada máis triste e deprimente que achar as desangradas ideas de onte nas almas de hoxe…”.

Estas xeracións as que me refiro están cheas de futuro, pero non saben moi ben que facer con el, porque romperon a continuidade do tempo, “cesuraron”, e censuraron!, o pasado con excesiva contumacia, facendo, incluso, alarde do desprezo que senten por el. Como dixo un analista, citando unha frase do Hamlet de Shakespeare, THE TIME IS OUT OF JOINING, que significa que desconxunturaron o tempo, e fixérono de tal xeito que, como nesa obra, o cadáver sae da súa tumba e preséntase no presente como un pantasma. Ortega dinos por que: “o pasado ten razón, a súa. Se non se lle da esa que ten, voltará a reclamala, e de paso a impoñer o que ten”, p. 206, T.IV, OC.
Estos nosos tempos son moi afeccionados a esquecer o pasado en canto tal, incluso, como dixemos, a detestalo no seus modelos e nas súas pautas de comportamento socio-político-económico, sen nin sequera decatarse de que este esquecemento causa a emerxencia de problemas e riscos que xa non pertencen ó noso presente, senón ó pasado, que se nos coa en forma pantasmal (bolchevismo, fascismo…).

Tamén aquí é agudo e acertado Ortega cando nos adoutrina nestes termos: “Todo o mundo -dí- percibe a urxencia dun novo principio de vida. Mais -como sempre acontece en crises semellantes- algúns ensaian salvar o momento por unha intensificación extremada e artificial, precisamente do principio caduco. E este é o sentido da erupción “nacionalista” nos anos que corren”, p. 273, ibidem.

Pero é que, ademais, nosoutros somos herdeiros dun pasado que nos deixaron os nosos pais e descoñecemos o esforzo que eles tuveron que facer para acadar este legado, e por iso non adoitamos concederlle valor, nin, as veces, temos conciencia de que tuveron que facelo zumegando sangue polos poros da súa arrugada pel, dito en sentido metafórico e real.

Desta maneira non pode ser estraño que o fututo se nos presente como unha sombra un tanto, tamén, pantasmal, porque -xa o dixemos!- rompemos co pasado -the time is out of joining-, introducindo del no presente só pantasmas. E ainda que a vida sexa futurición, en palabras de Ortega, necesitamos do pasado para posibilitar o porvir, pois a historia faise dende onte para mañá.

Por outra parte, os cadáveres viventes (os pantasmas do pasado) teñen que voltar as súas tumbas, ainda que a imprudencia e o poder descontextualizado se obstinen en quitalos delas, deixándose arrastrar por aqueles e esquecendo que o pasado só se domina se se toma en conta, se se asume, se se supera, hegelianamente falando. Porque cando traemos os pantasmas do pasado ao presente é que ainda non asimilamos aquel, e “co pasado non se loita corpo a corpo. Venceo o porvir porque o engulle”, insiste Ortega, en p. 205, ibidem. Evidentemente, o trato co pasado é obra de mans delicadas e talento fino, para deixar nas tumbas ós cadáveres ainda viventes e que froitifiquen, ao mesmo tempo, coa savia daquel os xermolos do futuro no solo do presente.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES