Astano
X.X. - jueves, 20 de mayo de 2004
Aquela empresa punteira que daba a Ferrol o título de cidade industrial chamábase Astano: Astilleros y talleres del noroeste. Estaba situada no concello de Fene, pero para todo Galicia estaba en Ferrol.
Eran os anos sesenta, míticos por tantos motivos. Da Galicia interior emigrábase a Ferrol porque alí había traballo en abundancia, nas empresas principais ou nas auxiliares. Mentras que nas terras do interior a agricultura aprendía a prescindir de brazos supérfluos, Ferrol acollía a milleiros de novos traballadores da industria, emigrantes do interior cando as portas de Europa se estreitaban.
Pero houbo reconversión levamos case medio século de reconversión- e a empresa punteira que foi Astano, buque insignia da sección industrial de Fenosa, transformouse en Izar Fene, unha entidade con capital da Sepi, con fortísimos problemas e na que só se da ocupación (O da ocupación é un dicir) a 1.027 persoas.
Para Galicia o problema non é de 1.027 persoas que non teñen traballo e están a piques de perder o seu emprego. O problema é dos perto de dez mil que en tempos houbo e que perdemos pola reconversión, deixando Galicia de ser alguén no mundo da construcción naval, sen contrapartidas para o sector e para Ferrol.

X.X.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora